[REC]

Os nosos discos e traxectoria

XX

2024, ao vivo

O gran disco do 20 aniversario, gravado no Festival Revenidas con máis de 40 colaboracións. Un resumo da súa historia en directo, unha auténtica celebración de dúas décadas de música combativa.

Colaxe

2022

Un disco diverso e creativo que reúne distintas influencias musicais, confirmando a capacidade de Dakidarría para reinventarse sen perder a súa esencia.

Filosofía incendiaria

2018

5 himnos para un E.P. que marcou un antes e un despois na vida da banda. Cancións que non poden faltar no repertorio en directo.

De Cuncas e de Mar

2016, ao vivo

Gravado en directo, este disco captura a auténtica explosión de festa que é un concerto de Dakidarría, coa enerxía do público como protagonista. Inclúe pista de video co concerto em directo e o documental sobre a banda naquela época.

Utopías emerxentes

2015, reedición en galego

Unha reinterpretación en galego que reforza a súa identidade cultural e o vínculo coa súa terra, mantendo toda a forza do álbum orixinal.

10 anos na rúa

2013

Unha compilación que celebra a primeira década da banda, reunindo os temas máis emblemáticos da súa traxectoria.

…Utopías emergentes

2011

A esperanza e a loita fusiónanse neste disco, que combina melodías festivas coas letras máis combativas da banda.

Realidades alienantes…

2010

Un álbum cargado de compromiso social e ritmos incendiarios, onde Dakidarría leva o seu son a un nivel máis maduro e potente.

El futuro nunca existió

2008

Un paso adiante na súa mensaxe combativa, con letras críticas e contundentes que mesturan punk, ska e reggae, consolidando a súa identidade no panorama estatal.

Fragasaurus rex

2005

O pistoletazo de saída de Dakidarría. Gravado entre Area Master e Oceano Estudios con Javier Abreu como productor.

Nosa Historia fai ruido

[Máis de XX anos]

Tras máis de 20 anos desde a súa formación e unha bagaxe máis que interesante de discos e concertos podemos etiquetar a DAKIDARRÍA como unha banda histórica no panorama galego e estatal.

DAKIDARRÍA fusiona ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos cheos de enerxía a través da complicidade, forza e sinceridade das súas revolucionarias letras, nas que se chegan a incluír ata doce linguas diferentes.

O seu prato forte son os directos, atrevéndose tanto con salas pequenas como con grandes festivais. Demostraron en cada xira que o seu é a festa encima e debaixo do escenario.

[dkr]

[Ska punk galego con enerxía explosiva e mensaxe combativa]

Dende 2003, levando a nosa música e identidade a escenarios de todo o mundo.