Música, rebeldía e alegría dende galiza

[DAKIDARRÍA, prendendo as rúas e as mentes dende 2003]

Ska punk incendiario, enerxía explosiva e letras que fan pensar, enchendo festivais, salas e rúas alí onde haxa festa e compromiso.

Últimos traballos

[Novos sinxelos e documental]

“Lúa” e “Tambores de guerra” son os dous novos sinxelos do grupo tras publicar o disco en directo “XX” e o documental “Seguimos en pé”.

Vindeiros concertos

[Non perdas a Xira 2026 - PROXIMAMENTE NOVAS DATAS]

Deixa a gorxa con nós, canta, baila e sinte a forza de Dakidarría en directo. Aquí tes as próximas datas para que non quedes sen entrada.

12 Decembro 2025
Vigo
Yalah Festival
01 NOVEMBRO 2025
VALÈNCIA
FESTARDOR
19 SETEMBRO 2025
CAMPONARAYA, BIERZO
FIESTAS
De balde

Merch Dakidarría

[Leva o noso son posto, 100% DAKIDARRÍA]

Camisolas, suadoiros, vinilos, complementos e moito máis! Leva contigo un anaco da nosa banda por todo o mundo, xuntas somos furacán!

xx anos de discos e himnos

Dende Fragasaurus Rex ata XX, cada disco é unha parte da nosa historia. Aquí podes descubrir e escoitar todos os nosos traballos.

[dkr]

[Ska punk galego con enerxía explosiva e mensaxe combativa]

Dende 2003, levando a nosa música e identidade a escenarios de todo o mundo.